SEREA, centro de técnica vocal de Paula Rey en A Coruña

"Son Paula Rey, Profesora de Canto - Vocal Coach con Máster en Logopedia... ...e este é o espazo onde quero axudarte coa túa voz"

Mis servicios

CLASES DE TÉCNICA VOCAL, CANTO, VOZ FALADA, TRABALLO CORPORAL E ASESORAMENTO.

Quero axudarche con todo o que teña que ver coa túa voz, co seu manexo, coa súa sonoridade. Traballo tanto coa voz falada coma coa voz cantada. Cal che interesaría traballar?

Clases de técnica vocal e canto en Serea, A Coruña

Canto

“A TÉCNICA AO SERVIZO DA ARTE É UN CAMIÑO CARA Á LIBERDADE” (ROSA GALINDO)

Cantar é emoción, o xeito máis visceral que temos de expresar a nosa musicalidade a través dese instrumento que todos levamos dentro, a nosa voz.

Mis clases de canto pueden ayudarte a...

Ximnasia respiratoria en Serea, A Coruña

XIMNASIA RESPIRATORIA

Imos adestrar os músculos que interveñen na produción do son, algo fundamental para desenvolver unha boa técnica vocal. Coa respiración traballaremos a busca de espazos, a dosificación do aire e a relaxación corporal, algo que, creme, vai ser moi importante para aprender a cantar axeitadamente.

Técnica Vocal en Serea, A Coruña

TÉCNICA VOCAL

A miña máxima é a saúde vocal, e ter unha boa técnica, non só axudarache a cantar mellor se non que tamén poderás gozar da túa voz durante moito máis tempo.

Control postural da voz en Serea, A Coruña

CONTROL POSTURAL

É preciso que teñas conciencia do teu propio corpo, unha mala postura fará que cantar che resulte máis difícil, así que é algo que teremos que vixiar dende o primeiro día.

Clases de canto en Serea, A Coruña

CANTAR

E si, o máis importante de todo é que te vou ensinar a cantar e a gozar da música ao teu xeito, a arte e cousa túa.

PAULA REY: SEREA - CENTRO DE TERAPIA E TÉCNICA VOCAL

Sobre mí, Paula Rey...

Paula Rey, cantante e logopeda en Serea, A Coruña

Ola, son Paula Rey Torreiro.

Toda a miña vida estivo ligada á música. A voz sempre me resultou o mellor instrumento para expresarme. O interese por aprender música e todo o que tivese que ver con cantar levoume a querer estudar Canto; e foi aí, onde emprendín un longo camiño cheo de experiencias, tanto de formación como profesionais, que me levaron ata onde agora estou.

Co tempo, a miña curiosidade sobre o funcionamento da voz, levoume a novas vías de aprendizaxe. A técnica que durante tantos anos empreguei para o meu desenvolvemento artístico, o coñecemento do seu uso axeitado, resultou ser unha poderosa ferramenta sanadora. Ferramenta que está ao alcance de calquera. Decateime de que a través do canto e a música podo mellorar a calidade vocal daquelas persoas cuxas profesións estean directamente relacionadas co uso da voz. Así cheguei a realizar un Máster en Logopedia, formándome mellor no que é o mecanismo físico da voz. Grazas a isto descubrín unha nova paixón: a de axudar á xente a empregar correctamente a súa voz, para así gañar en calidade de vida. Desta paixón nace o Centro Serea, un espazo para pór á vosa disposición os meus coñecementos e a miña experiencia.

Formación académica

Titulada en Canto polo Conservatorio Profesional nº2 de Valencia – Instrumento Canto ca profesora Pilar Páez. Diplomada en Maxisterio na especialidade de educación musical pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster de Logopedia – Rehabilitación dos trastornos da linguaxe e da fala pola Universidade Vic de Barcelona. Colexiada polo Colexio de Logopedas de Galicia co número 15/0427.

Curso Certificado polo Colexio de Logopedas de Galicia’ABC dos Exercicios para a Rehabilitación Vocal’ impartido porAndreu Sauca.Curso Certificado polo Colexio de Logopedas do País Vasco’ De la Voz Cantada a la Voz Hablada. Ejercicios de Restauración de la Voz’ impartido por Nora Milito Spoturno. Curso de ‘Corpo – Voz – Movementeo e Articulación. Optimización do filtro vocal’ impartido pola Logopeda e PedagogaInés Bústos Sánchez.

O longo de varios anos compaxinei a miña formación vocal en numerosos cursos e encontros de canto coa miña experiencia profesional. Estudei un ano en Austria coa profesora catedrática da Escola de Canto de Viena, Helena Lazarska. Así como tamén realicei cursos impartidos pola profesora de Canto do Conservatorio Superior de Valencia Ana Luisa Chova na Universidade do País Vasco, entre outros. Destacando nomes como o da repertorista Husan Park, David Menéndez ou a profesora de canto Gloria Fabuel, cas que tiven o gusto de estudar ó longo  da miña estancia en Valencia.

Completei a miña formación coa profesora doutorada Diana Somkhieva.

Cursei  en setembro do 2018 os Cursos ‘Estill Voice Training System Nivel 1: Figures for Voice Control’ e ‘Estill Voice Training Nivel 2: Figure Combinations for six voice Qualities’  con Viv Manning en Eòlia Escola Superior de Arte Dramático, en Barcelona.

Vocalista do grupo de música Luar Na Lubre dende 2011 – 2017.

...Mi centro en A Coruña

Serea, centro logopédico e canto en A CoruñaSerea, centro logopédico e canto en A CoruñaSerea, centro logopédico e canto en A CoruñaSerea, centro logopédico e canto en A Coruña

Da necesidade de crear un espazo propio, nace o Centro Serea. O obxectivo é que te sintas cómodo mentres traballamos. En definitiva, un espazo acolledor onde non haxa interrupcións, nin distraccións. Unha contorna cálida e agradable preparada acústicamente para que poidas desenvolver a túa voz con liberdade.

Nº Rexistro Sanitario: C – 15 – 004037

Cómo trabajo

Primeiro deberíamos coñecernos ben. Fálame de ti. Que é o que buscas? Que te gustaría atopar nas miñas clases e sesións? A miña prioridade é adaptarme ás túas necesidades, ao teu ritmo, en definitiva, adaptarme a ti. Xuntos poñerémonos ao choio.

ATENCIÓN PERSONALIZADA

Atención personalizada en Serea, A Coruña

METODOLOXÍA FLEXIBLE

Meotodoloxía flexibe en Serea, A Coruña

ENTORNO ACOLLEDOR

Entorno acolledor en Serea, A Coruña

ASESORAMIENTO

Asesoramiento da voz en Serea, A Coruña
Mi Blog

A IMPORTANCIA DA EDUCACIÓN VOCAL

A voz acompáñanos durante toda a vida e poucas veces nos paramos a observar como a empregamos. O traballo coa voz non só pertence ao sector do canto ou do teatro/cine. Anímote a que te preguntes: Empregas a voz no teu traballo?

RESPIRAR, CANTAR, FALAR

Tod@s sabemos que é a respiración, sabemos respirar, senon non estariamos viv@s. Preguntémosnos entón: Que significa respirar ben? Como realizamos a nosa respiración? e que uso ten a parte de proporcionar osíxeno aos nosos pulmóns?

Encuéntrame

Para info ou concretar cita previa: CONTACTAR POR WASSAP OU TELEGRAM(se chamades por teléfono o máis probable é que non poida atenderos pois estou en sesión, disculpade as molestias)Tlf. 604 05 69 42

(CITA PREVIA)

r/ Palomar, 16 baixo centro, 15004, A Coruña

Utilizamos cookies propias y de terceros. Si continuas navegando, entendemos que aceptas su uso.